baile

Os maiores despediron os bailes no Carballiño

Maiores disfrutando do baile no Carballiño.
photo_camera Maiores disfrutando do baile no Carballiño.
As actuacións de dúos musicais desenvolvéronse na pista central do Parque Municipal dende o mes de xullo

O anfiteatro da praza da Veracruz do Carballiño acolleu na tarde do pasado domingo a clausura dunha das actividades que máis tirón teñen entre a poboación adulta do municipio durante a tempada estival, e que son os bailes de verán para persoas maiores. O programa anual da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade incluíu para os meses de xullo e agosto e como en anos anteriores a organización de actuacións a cargo de dúos musicais, tódolos domingos na pista central do Parque municipal, dende ás seis da tarde, agás na data coincidente coa Festa do Pulpo e este último, debido a celebración dunha competición deportiva na paraxe natural.

A concelleira de Benestar Social, Guadalupe Sobrado, desprazouse ata a praza da Veracruz para pechar a última sesión dos bailes para maiores, saudando e agradecendo ós asistentes a súa participación, e anímandoos a seguir disfrutando dunha vellez activa. Dende o Concello do Carballiño saliéntase que esta "resultou ser unha actividade moi ben recibida pola xente maior, que tivo a posibilidade de pasar un tempo moi divertido e de lecer durante as tardes dos domingos na compaña dos seus amigos e parellas".

A programación do departamento municipal de Benestar Social para as persoas maiores completaráse nos vindeiros meses coa realización de diversos obradoiros de memoria, risoterapia e artesanais, orientados á contribuir a un envellecemento saudable. Estos talleres extenderanse dende o casco urbán da vila ata as localidades das parroquias do rural carballiñés.

Te puede interesar