ENTREVISTA

Manuel Fraiz: "A crise económica non se notou tanto en Francia como aquí en España"

222
photo_camera Manuel Fraiz López.

Natural do Irixo, pero residente en París, o ourensán explica cómo marchou e que bota de menos de Ourense

Máis de tres décadas leva traballando Manuel Fraiz na capital parisina dende que decidiu coller o camiño da emigración dende a súa aldea natal de Froufe, no municipio de O Irixo. Pero sempre coa oportunidade de volver á súa terra na época das vacacións estivais.

Cándo e por qué decidiu marchar ó extranxeiro?

Foi un pouco despois de facer o servizo militar obrigatorio, cando tiña 24 anos de idade, e aquí non había traballo para min.

Cál foi o motivo de elexir Francia e ningún outro país?

Alá en París xa estaba a miña nai, que tamén tivera que saír de aquí cando eu aínda non cumprira o ano de idade.

Foron duros os seus primeiros pasos en París?

Como non coñecía o idioma, tiven que inscribirme na Alianza Francesa para aprender francés, mentres comezaba a traballar nunha imprenta, na que estiven un total de 19 anos en plantilla, ata que o novo propietario decidiu reestructurar a plantilla e despedir á parte do personal. Despois xa pasei ó servizo de xardiñería do Concello de París, onde xa levo 15 anos traballando.

Notouse o impacto da crise económica en Francia?

Penso que non tanto como aquí en España, pero a verdade é que nos últimos anos Francia estáse a ver afectada por unha gran onda de inmigrantes, a maioría do leste de Europa, que xeneran bastantes e graves problemas a nivel de seguridade cidadán.

Bota de menos poder vivir en Galicia?

Sí, porque o nivel de vida en Francia é moi elevado respecto do noso, pero a realidade é que alí teño un posto de traballo.

Regresa ó Carballiño tódolos anos?

Teño unha vivenda aquí e sempre veño nas vacacións do verán. Incluso o ano pasado estiven nos meses de febreiro e agosto, e neste ano só estaréi en xullo.

Cambiou moito a vila nestes anos?

Por suposto, hai moitos máis espazos públicos e zonas axardinadas que antes.

Te puede interesar