ourensanos por el mundo

"Marchei porque aquí non tiña plan de vida e estaba farta de ir coas cabras e as vacas"

María Nogueira.
photo_camera María Nogueira.
María Nogueira Fernández deixou o seu San Vicente, en Vilamartín, por Barcelona natal con tan só 16 anos

Despois dunha vida moi activa en terras catalanas, regresa tódolos anos á comarca.

Por que marchou a Barcelona?

Traballei desde os oito anos. Con seis atendía aos meus irmáns. Marchei porque aquí non tiña plan de vida e estaba moi farta de ir ao monte coas cabras e as vacas. Non houbo outro motivo, porque teño unha familia marabillosa. Éramos seis irmáns mais como se fósemos un; un pai e unha nai marabillosos. Marchei porque non tiña futuro, funme en 1963 a Barcelona.

En que traballou?

En Barcelona, entrei no Hospital do Mar, na Barceloneta. Traballei nel dez anos. Foron os anos máis felices da miña vida. Alí saquei o graduado escolar e o título de auxiliar de Enfermería. De alí, leveime aos pais e montamos unha tenda, un colmado, fronte ao Clínico. Caseime e seguimos co bar e o meu home meteuse nun laboratorio. Despois volvín traballar na hostalería, sempre de cociñeira. Tamén montei unha panadería, antes de entrar nunha nave industrial, onde dábamos 360 comidas todos os días. Estaba o cociñeiro e, despois eu. Tiña sete persoas que me facían todo.

Bota de menos Vilamartín?

Estou moi feliz en Cataluña e aquí. Nunca deixei de vir a Galicia, dúas veces ao ano, como mínimo. En Semana Santa e no verán. Cando traballaba, viña unha semana, porque non podía vir máis, mais viña. O meu home era de Lugo e era moi galego.

Nunca pensaron en regresar a Galicia?

Tiñamos plantexados virnos cando se xubilase o meu marido e tamén eu. Xa tiñamos unha casa e todo preparado, mais aos 56 anos sufriu un derrame e xa no puidemos vir. Agora, veño no mes de xullo e marcho a primeiros de setembro.

Que fai cando está en Valdeorras?

A pasear, comer, beber e bailar. A pasalo o mellor que se pode. Boto de menos Galicia e tamén Cataluña. Levo 58 anos en Barcelona.Me encanta, e tamén Galicia. Que ninguén me fale mal de Cataluña.

Te puede interesar