CELEBRACIÓN

Maside celebra mañá domingo a súa trixésima Festa do Cabalo

A Festa do Cabalo de Maside acada este domingo a súa trixésima edición na paraxe natural do Puzo do Lago, organizada polo Concello de Maside cun orzamento aproximado de 2.500 euros

A xornada abrirase ás 10,00 cunha ruta a cabalo polos sendeiros do municipio, previa inscripción cun custe de 20 euros, que dá dereito a bocadillo, bebida e ó xantar no recinto da festa.

Para as 11,30 horas está previsto o inicio das competicións de carreiras de cabalos de estatura menor a 1,50 metros, nas modalidades de andadura chapeada e serrada. Os dez primeiros clasificados en cada categoría recibirán premios de entre 120 e 20 euros, con trofeos para os tres do pódium. Unha carpa acollerá o xantar no recinto da festa ás dúas da tarde, para descanso de monturas e xinetes.

O programa reanudarase ás 16,00 horas coas carreiras para monturas de máis de 1,50 metros e coa mesma distribución  de premios. Os premios previstos pola organización para a modalidade de trote serán tamén de 120 a 20 euros, mentres  a carreira de burros terá tres premios de 50, 30 e 20 euros e medallas.

Te puede interesar