TEATRO

A MIT homenaxea ó seu fundador, Rubén García

O evento consistirá no descubrimento dunha placa na que figurará a denominación de "Rubén García" para o Auditorio do Castelo

A 33ª edición da Mostra Internacional de Teatro (MIT)  desenvolverase en Ribadavia entre os días 15 e 24 deste mes de xullo e  terá como prólogo unha homenaxe de lembranza da figura de Rubén García, o seu fundador e director ata o seu pasamento. Así, o Concello de Ribadavia e a familia de García convidan a participar no acto que terá lugar hoxe, ás 8,30 da tarde, no castelo dos Sarmiento.

O evento consistirá no descubrimento dunha placa na que figurará a denominación de "Rubén García" para o Auditorio do castelo, tal e como aprobou por unanimidade a Corporación municipal en sesión plenaria.

Neste mesmo venres, a Mostra presenta o seu apoio ao teatro afeccionado, coa actuación do grupo Teatro do Vilar, que presenta o seu espectáculo "As Cuñadas", en versión de Roberto Salgueiro, ás 11 da noite, no propio Auditorio. A inauguración oficial da MIT será o sábado 15 ás 21,15 horas, na Madalena.

Te puede interesar