A mostra sobre Neira Vilas amplíase ata o luns en Verín

A Biblioteca municipal de Verín amplía ata o 22 de agosto o prazo de exposición de 'Querido Balbino: 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego', un percorrido pola vida e obra de Neira Vilas.
Esta ampliación dunha semana débese ao significativo número de visitas que acolleu a mesma nestas semanas, tanto de veciños como visitantes.

A mostra articúlase a partir de dous eixos que guían ao espectador a través dun túnel de vitrinas. Dunha banda, preséntase a traxectoria vital do escritor a partir de fotografías, documentos e correspondencia. E doutra banda, amósanse documentos e material referidos á traxectoria seguida polo propio libro e o seu protagonista. Ademais, presenta tamén 10 obras pictóricas sobre os personaxes.

Te puede interesar