A música e o viño do Ribeiro fan un bó cóctel en Castrelo

<p></p>
photo_camera Un dos concertos ofrecidos onte no complexo náutico de Castrelo de Miño.

O "Ribeiroblues Wine Festival" comezou onte e segue hoxe con catro concertos á beira do Miño

No Parque Náutico de Castrelo de Miño estáse a celebrar nesta fin de semana unha nova edición do "Ribeiroblues Wine Festival", un evento que combina viño e música nesta paraxe natural á beira do encoro de Castrelo de Miño. Xa na noite de onte soaron os primeiros compases da primeira sesión musical, coas actuacións de Freedonia, Marian Ledesma&Los Tinaquero Brothers, Johnny Cat&The Poor Dogs e Gold&Colt, logo do acto inaugural a cargo do alcalde do municipio, Xurxo Méndez, e o presdente do consello regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Felicísimo Pereira.

Pero a característica que diferencia este festival doutros é que os asistentes, mentres escoitan os concertos, poden elexir a degustación de viño dun total de 24 adegas do Ribeiro que participan e colaboran coa organización. Ademais, dispoñen dunha zona con restaurante e postos de comida ambulantes, e de actividades náuticas como vela e pedaletas. Tamén, de catas de viño no medio do encoro, a bordo dun catamarán, e, se o desexan, a alternativa de durmir na área de acampada. Na noite de hoxe, sábado 13 de agosto, subirán ó escenario do Parque Náutico de Castrelo grupos de renome como son Vargas Blues Band, The Lákazans, Los Hermanos Zapruder e O Fiadeiro, que lle proporcionan a este "enofestival" un nivel internacional.

Te puede interesar