OURENSE DE 5 EN 5

Personaxes para recordar a figura de Ernesto Chao

chao
photo_camera Algún dos papeis de Ernesto Chao.

Ernesto Chao. O ribadaviense mostrou o seu talento na pequena e na gran pantalla, pero tamén no teatro, onde levou a cabo gran parte da súa traxectoria. Sen embargo, foi o papel de Miro Pereira na serie "Pratos Combinados" onde alcanzou máis popularidade

O audiovisual galego despídese dun dos seus actores de referencia: Ernesto Chao. O ribadaviense mostrou o seu talento na pequena e na gran pantalla, pero tamén no teatro, onde levou a cabo gran parte da súa traxectoria. Sen embargo, foi o papel de Miro Pereira na serie "Pratos Combinados" onde alcanzou máis popularidade. Unha das moitos papeis que tivo na súa carreira profesional na que incluso fixo de Ramón Sampedro e de Férnandez Albor. +


"Pratos Combinados" (1995-2006)ernestochao2-1000x500_result


Sen dúbida, a serie que máis popularidade otorgou ao actor de Ribadavia. No inesquecible papel de Miro Pereira, otorgou grandes momentos da televisión galega que quedarán na memoria dos galegos. "Paspán, furafollas, baldreu, bertorella, pastrán, chuchumeco" son algunhas das palabras que deixou para a historia da televisión galega. Moitas horas de risas e aventuras xunto Antón "Morris" nunha serie para o recordo. 


"Condenado a vivir" (2001)05_result


Chao encarna neste filme a Ramón Sampedro, tetrapléxico dende os 25 anos. A historia, que anos máis tarde Amenábar tamén levaría ao cine con Mar adentro, presenta a cuestión da eutanasia. Nun país no que non é legal practicala, Sampedro loita por conseguir escoller sobre a súa vida. A súa muller xogará un papel fundamental neste proceso.


"María (y los demás)" (2016)fff_result


A ópera prima da directora catalana Nely Reguera, que estivo nominada aos Goya 2017, conta coa participación de Chao. O filme, rodado en Galicia, presenta a historia de María, unha moza que non acaba de atopar o seu lugar no mundo. O seu tío, Chao, é un dos poucos personaxes capaces de aliviar co seu humor a tensión que inunda a trama. Ademais, nun dos seus monólogos deixa claro a importancia da gastronomía dentro da cultura galega, e dentro de todas as reunións familiares.


"Fariña" (2018)Dak00rFWAAAikLP_result


Unha das series nacionais do momento, "Fariña", contou coa participación de Ernesto Chao. O actor representou ao que fora presidente da Xunta de Galicia, Fernández Albor, quen mantivo unha reunión cos narcotraficantes. Un traballo no que coincidiu con algún dos actores cos que compartiu esceas noutras obras.  


"A canción do elefante" (2018)OURENSE (TEATRO PRINCIPAL). 25/11/2017. OURENSE. Obra teatral


O actor de Ribadavia encarna a un dos protagonistas deste thriller teatral. Chao compartiu escena con Guillermo Carbajo, Roi en Pratos Combinados. A historia presenta a historia dun psiquiatra que desaparece sen deixar rastro. A última persoa que o viu foi un dos seus pacientes, obsesionado cos elefantes e que leva sete anos internado nun psiquiátrico.

Te puede interesar