cultura

Petín e Vilamartín acollen as "historias de viaxeiros”

A primeira de estas dúas citas terá lugar este martes, no bar Doble O, de Petín, onde dará comezo ás 21,00 horas.

Un espectáculo levará historias de viaxes e viaxeiros ao público de Petín e Vilamartín de Valdeorras. "Ida e Volta. Historias de Viaxes e Viaxeiros" é o froito do taller de teatro Stanislavski que impartiu en O Barco de Valdeorras o director do Uruguai Daniel Rodríguez da Silva, e que formou parte do programa "Encontros de Teatro", que organizou o actor local Gabriel Prada.

Este barquense estará acompañado por outros tres exalumnos do citado obradoiro: Blanca Cotado, Jorge Moral y Anxo Baranga. Foi este último quen explicó que esta obra relata historias de viaxeiros que son, en su gran maioría, reales e tamén que nelas combinaron a narración oral coa representación teatral.

A primeira de estas dúas citas terá lugar este martes, no bar Doble O, de Petín, onde dará comezo ás 21,00 horas. A segunda será representada mañana, mércores, na Pista do Re -antiguo Café do Raúl-, en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), neste caso, o espectáculo arrancará unha hora máis tarde: ás 22,00 horas.

Te puede interesar