evento gastronómico

O pulpo engancha en Asturias

A alcaldesa de Xixón, Ana González, levanta o pulpo que se coceu para o acto.
photo_camera A alcaldesa de Xixón, Ana González, levanta o pulpo que se coceu para o acto.
Unha representación do Concello do Carballiño presentou a Festa do Pulpo en Xixón nun acto no que participou a alcaldesa da cidade, empresarios e medios de comunicación

Un cento de persoas,  representando aos máis diversos estamentos da cidade de Xixón e do Principado de Asturias, asistieron no mediodía de onte ao acto de presentación da LVII Festa do Pulpo do Carballiño, que nesta edición dedícaselle a Asturias. 

A alcaldesa de Xixón, Ana González, foi a anfitriona deste acto que contou coa presenza do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o concelleiro de Turismo,  Manuel Dacal; o portavoz do PP,  Ricardo Perea, así como empresarios carballiñeses con negocios en Asturias e representantes das entidades e empresas patrocinadoras da festa como Abanca, Aceites Abril e Cer&Ber.

Medios de comunicación de Xixón e Oviedo, de televisión, radio, prensa escrita e axencias, asistiron ao evento,  que comezou cunha salutación da alcaldesa, na que se referiu as similitudes e boa vecindade entre Galicia e Asturias,  e fixo mención de ter raíces ourensáns. Así mesmo, destacou a Festa do Pulpo do Carballiño como unha das grandes celebracións gastronómicas de Galicia. E por iso, animou aos xixoneses e asturianos a asistir a esta multitudinaria festa gastronómica que se celebrará o próximo 11 de agosto. 

Francisco Fumega agradeceu a deferencia pola súa asistencia ao acto e destacou as cualidades da Festa do Pulpo, que atrae cada ano a miles de persoas polo que o concello está agora tramitando a declaración de Interés Turístico Internacional. O alcalde tamén fixo mención da forte ligazón empresarial entre O Carballiño e Asturias, citando en concreto a cadea de pulperías A Feira e os negocios do grupo Cer&Ber no principado.


Durante o acto degustáronse os produtos típicos da festa 


O acto de presentación da Festa do Pulpo en Xixón, ao que tamén asistiron representantes da Delegación do Goberno en Asturias e do sector empresarial, hostaleiro e gastronómico do Principado,  estuvo animado polo gaitero do Carballiño Isidro Vidal. 

Tras as salutacións das autoridades efectuouse unha degustación dos produtos típicos da Festa do Pulpo como son a empanada, pulpo á feira e carne ao caldeiro. 

O Concello do Carballiño elexiu Asturias para dedicarlle a festa nesta edición principalmente porque, ademais de estar fortemente unida a Galicia por lazos históricos e de contar con moitos emigrantes galegos, nunca foi homenaxeada nesta festa. E tamén se debe a que nos últimos anos aumentou o número de asturianos que acuden á Festa do Pulpo, especialmente da cidade de Xixón, desde onde se promocionan viaxes en autocar para asistir á festa; e fai tres anos, tamén se contou cunha banda de gaitas asturiana.

Te puede interesar