OCIO EN VERANO

Os rapaces disfrutan dunhas xornadas de lecer en Cenlle

<p></p>
photo_camera Grupo de participantes na "Festa da Xuventude", no exterior do colexio de Cenlle.

O Concello organiza a segunda "Festa da Xuventude", que inclúe xogos, sendeirismo e orientación

Un grupo de medio cento de rapaces do municipio de Cenlle están a participar na segunda edición da "Festa da Xuventude", unha iniciativa do Concello que conta coa colaboración da Deputación provincial de Ourense. O programa de actividades abriuse onte coa recepción dos xóvenes no colexio público á primeira hora da mañá, para logo disfrutar dos xogos da ludoteca móbil que cedeu a institución provincial.

A continuación, reuníronse nun xantar de confraternidade na Casa do Pobo da capitalidade municipal, e, despois dun pequeño descanso, percorrer unha ruta de sendeirismo que os levou ata o albergue situado na localidade de Laias. Alí reuníronse nunha cea e celebraron una festa antes de ir a durmir. Para a xornada de hoxe, día 30, está previsto que os rapaces almorcen no albergue, antes de disputar un torneo de paint-ball e, posteriormente, dar un paseo ata a área termal de Barbantes, onde será o xantar.

Xa pola tarde, poránse á disposición de monitores a fin de tomar parte nunha carreira de orientación deportiva, rematando así as actividades. Os participantes nesta "Festa da Xuventude" tiñan que anotarse previamente nas oficiñas municipais de Cenlle, abonando 20 euros, prezo no que se incluía a manutención e o aloxamento destas xornadas.

Te puede interesar