festival

O Reina Loba regresa este xoves a Os Blancos na súa quinta edición

Ata este sábado celebraranse máis de 24 concertos, 14 obradoiros, mesas redondas e exhibicións

O Festival Reina Loba, promovido polo colectivo artístico Espacio Matrioska, regresará a tarde deste xoves ao municipio de Os Blancos coa súa quinta edición. Trátase dun encontro interxeneracional e plural que se prolongará ata o sábado e que incluirá máis de 24 concertos, 14 obradoiros, mesas redondas e exhibicións. Celebrarase nun emprazamento que foi preparado pola organización coa axuda dos veciños desta localidade que traballaron, segundo matizaron dende Espacio Matrioska, "dende e pola contorna, a través do coidado da infraestrutura, a utilización de materiais reciclados, o fomento do consumo responsable e a correcta xestión dos residuos". O festival naceu o pasado 2015 e, durante todas as súas edicións, non deixou de medrar chegando, en 2018, aos 4.000 asistentes.

Para poder disfrutar dos tres días de música e obradoiros haberá dúas zonas de acampada como vén sendo habitual: o Camping Brisa, destinado a familias, e o Camping Trono, para os máis festeiros. Tamén haberá un espazo para furgonetas. 

A festa comezará ás 18,00 horas cunha sesión de micro aberto de mans de Mundo Chillón e continuará coa actuación da Trópico de Grelos.

Te puede interesar