formacion

Ribadavia oferta un obradoiro de realidade virtual para os rapaces

A iniciativa, que se enmarca dentro das actividades programadas na ICC KIDS, conta con 18 prazas

A vila de Ribadavia acollerá un obradoiro de realidade virtual dirixido a nenos e nenas de entre 8 e 15 anos, que se celebrará na aula CEMIT da Casa da Cultura entre os días 29 de xullo e 2 de agosto. Esta iniciativa, que se enmarca dentro das actividades programadas na ICC KIDS que organiza a Deputación provincial de Ourense, pon a disposición dos interesados un número total de 18 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. O Concello de Ribadavia xa abriu o prazo de inscripción, e para formalizar a mesma, as rapazas e rapaces que desexen participar deberán dirixirse ás dependencias da Casa da Cultura, durante o seu horario de apertura ao público.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández Gil, sinalou que “con este obradoiro pretendemos crear unha experiencia interactiva na que os participantes non só observen, senón que tamén constrúan, movan, debuxen e cren a súa propia contorna dixital". O rexedor ribadaviense engadiu que "tamén terán a oportunidade de gozar dunha tecnoloxía, que brinda novas experiencias para o xogo e para a acción".

Te puede interesar