FESTA DO ESQUECEMENTO

Romanos e castrexos volven a Xinzo a próxima fin de semana

Esquecemento2_result
photo_camera A Asociación Civitas Limicorum xunto co alcalde e concelleiros presentan o cartel desta edición.

O venres comeza a XVI Festa do Esquecemento, nas que veciños e visitantes ateigarán as rúas de vila

A vila de Xinzo ultima os preparativos para recibir a uns 400 romanos e castrexos que durante a fin de semana van convivir no parque do Toural. Na mañá de onte foi presentada no salón de actos do concello a que será a decimosexta edición da Festa do Esquecemento.

En presenza do alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, o concelleiro de Turismo, Carlos Gómez e o de Cultura e Festexos, Luis Miguel Gil, as membros da Asociación Cultural Civitas Limicorum, afirmaron que este ano haberá "un aumento de participantes no festexo". 
O venres será o primeiro día da festa e dará comezo coa apertura do mercado ás 20,00 horas que contará con 35 postos. O campamento abrirá ás 22,30 horas co prendido do lume e co posterior e tradicional desfile ás 23,30 horas quedará inaugurada unha nova edición do Esquecemento. Logo viran dous días nos que haberá representacións teatrais, desfiles, recreacións de batallas e moita música.

A isto hai que sumar os espectáculos de lume polas rúas e os xogos tradicionais que se farán no campamento.  Dende a organización animaron á xente a que participe na festa vestíndose de romanos ou castrexos aínda que non formen parte do campamento. Nestes días procederase a construir as vivendas da campa, enfeitizando esta recreación histórica. O vindeiro domingo terá lugar o tradicional cruce das tropas romanas ao río Lethes e a posterior batalla.

Te puede interesar