o carballiño

Un San Cibrao moi musical

carballiño
photo_camera Diego Fernández e Francisco Fumega durante a presentación das Festas do San Cibrao.
Concertos, orquestras, bandas e charangas predominan na programación das Festas de San Cibrao de Carballiño, do 13 ao 19 de setembro

O grupo folk Treixadura, a orquestra-espectáculo Panorama, un concerto tributo a Héroes del Silencio, a banda de música de Vilatuxe e unha gran sesión de fogos, son os reclamos principais destas festas patronais do San Cibrao do Carballiño, que se celebrarán do 13 ao 19 do próximo mes de setembro. En total serán sete orquestras, tres charangas, dúas bandas e dous concertos, ademais dun completo programa de actividades infantís.

O alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, presentaron este martes a programación e tamén o cartel anunciador do que é autor o pintor cangués Camilo Caamaño Xestido, a quen o rexedor municipal lle transmitiu as gracias. Fumega sinalou que o cartel das festas foi realizado a partir de fragmentos dun gran mural pintado por Camilo Caamaño sobre o templo da Veracruz, conservando os aspectos máis formais da composición, xa que, según o pintor, "o templo da Veracruz é un referente do Carballiño e non precisa de aditamentos para expresar a súa grandiosidade e simboloxía", segundo lembraba o alcalde do encontro que mantivo cos artistas. Por iso, puntualizou que respecta ao máximo a arquitectura e identidade desta obra de Antonio Palacios do que Camilo Caamaño é un gran admirador.

13 de setembro. Na primeira xornada destaca o concerto do grupo folk Treixadura na Praza Maior. Esta actuación suspendérase na pasada Festa do Pulpo, polo que terá lugar o primeiro día das patronais en lugar da orquestra D´Moda que figura no programa do libro das festas. Esa mesma xornada comezan os xogos infantís. 

14 de setembro. Haberá pasarrúas coas charangas Doctor Anchoa e Castro Vello. A verbena correrá a cargo da orquestra-espectáculo Claxxon, e tamén haberá un concerto tributo ao grupo pop Héroes del Silencio.

15 de setembro. Está previsto un concerto da Banda de Música de Vilatuxe, e pola tarde e noite verbena coas orquestras Alianza e Israel, mentres a charanga CLK ofrecerá pasarrúas. 

16 de setembro. Haberá feira no Carballiño, actuarán as orquestras Compostela e Ritmo Noche, e terá lugar a sesión de fogo voador coa Pirotecnia Josman, na explanada do Parque municipal. 

17 de setembro. Na festividade de San Cibrao, , será a procesión e misa solemne contando coa Banda de Música do Carballiño, que tamén ofrecerá un concerto, e as actuacións das orquestras Panorama e Pontevedra. 

18 de setembro. É o Día do Neno nas atraccións.

19 de setembro. Rematarán as festas coa Romaría da Saleta, que aínda que é de Boborás sempre se inclúe no programa de San Cibrao.

Te puede interesar