festa popular

Saúde e tradición, piares da Festa Popular de Baltar

O evento, que foi presentado no Pazo Provincial, terá lugar o vindeiro 3 de agosto, e incluirá xogos, actividades, música, exposicións e gastronomía

Baltar iniciou onte a conta atrás para un dos seus eventos máis agardados: a festa popular, que este ano chegará a undécima edición e que, como vén sendo habitual, ademais dos aspectos lúdicos e festivos tratará de concienciar sobre a importancia de coidar a saúde e o medio ambiente. 

O rexedor do municipio, José Antonio Feijóo, acudiu ao Pazo provincial para presentar o cartel de actividades preparadas para o vindeiro 3 de agosto. Tamén estivo presente o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, quen destacou da festa que "promociona e defende as tradicións". 

Entre outras, haberá unha andaina medioambiental a partir das 11,00 horas e se instalará un banco tomavistas na Serra do Larouco "para que a xente poida contemplar a beleza de toda a nosa contorna e seguir conservándoa como se merece", apuntou a concelleira de Cultura de Baltar, Gemma Rodríguez. A programación incluirá unha concentración de grupos folclóricos, exhibicións de paramotor e parapente, exposicións, xogos tradicionais, música, premios, unha merenda-cea e as actuacións de Iria González e da Discomóbil Temember. Ao remate da velada haberá unha chocolatada para os presentes e se fará a tradicional proba de alcoholemia, que premiará a aqueles voluntarios que dean un resultado negativo. 

"Queremos seguir recuperando as tradicións, promocionar a gastronomía e que a xuventude poida divertirse de maneira san", dixo o alcalde de Baltar.

Te puede interesar