RECOÑECEMENTO

"Son" foi elexida a mellor obra polo público da MIT

obtivo unha puntuación de 4,79 sobre 5

O premio do público asistente á Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia, clausurado o pasado luns, unha vez realizado o reconto diario das votacións, resultou ser para Nova Galega de Danza, co seu espectáculo "Son", que obtivo unha puntuación de 4,79 sobre 5. En segundo lugar quedou o espectáculo "La Ternura", dirixido por Alfredo Sanzol; no terceiro a compañía Chévere; na cuarta posición, "Golem", da compañía británica 1927, e, na quinta, o grupo Voadora co seu espectáculo “Soño dunha noite de verán”.

O resto dos espectáculos tamén obtiveron unha alta puntuación, a maioría cunha media de 4 sobre 5, o que, según a organización da MIT, suliña o alto nivel de satisfacción dos usuarios coa diversidade de espectáculos ofrecidos nesta 33ª edición, dende a danza ao teatro documento, o teatro con medios audiovisuais ou a creación contemporánea.

Te puede interesar