Verano

"O teatro é efímero e polo tanto del non se pode obter ningún beneficio industrial"

Verano

Entrevista

"O teatro é efímero e polo tanto del non se pode obter ningún beneficio industrial"

O autor do libro, Afonso Becerra Arrojo, onte en Ribadavia.
photo_cameraO autor do libro, Afonso Becerra Arrojo, onte en Ribadavia.

No marco da Mostra Internacional de Teatro, o salón de actos da Casa do Concello de Ribadavia acolleu a presentación do libro "Confío-te o meu corpo. A dramaturxia pós-dramática", de Afonso Becerra de Becerreá

No marco da Mostra Internacional de Teatro, o salón de actos da Casa do Concello de Ribadavia acolleu a presentación do libro "Confío-te o meu corpo. A dramaturxia pós-dramática", do que é autor Afonso Becerra Arrojo, máis coñecido artísticamente como Afonso Becerra de Becerreá, un acto no que participou Tiago Guedes, director do Teatro Municipal Rivoli de O Porto.

¿O libro fala de dramaturxia ou tamén doutros temas?

Non é un manual de dramaturxia, está dirixido a todos os públicos interesados nas artes coma un feito constitutivo de sentimento. Hai que ter en conta que forma parte da colección Alicerces, que se abriu cun libro sobre a eutanasia, logo estamos á falar de cuestións moi importantes na vida das persoas. O tema central é que o corpo está por enriba da verba, non minte, xa que expresa con claridade o noso estado de ánimo ou sentimento. Así, o corpo convértese nun elemento fundamental do espectáculo teatral, coa música e a danza, e tamén de enlace co espectador.

¿Podería ter o teatro galego un festival internacional como a MIT?

Si podería, pero para elo debería dispoñer dos recursos económicos necesarios para internacionalizar o producto. O teatro é unha arte efímera, unha obra de arte en directo, e polo tanto é imposible sacarlle un beneficio industrial. O problema é que as salas de teatro de Galicia só abren dous días á semana, mentres en Madrid ou Barcelona pechan dous días por descanso. Ademais, a Xunta só destina 670.000 euros este ano ó teatro galego, cinco mil euros menos dos que levou Enrique Iglesias polo seu vídeo.