'Vas-Sacar-Nota' da Galega fai parada e fonda na Veiga

A primeira edición de Vas-Sacar-Nota chega hoxe á súa fin cunha gran festa organizada polo equipo de 'SOMOS QUEN', programa da Radio Galega motor deste concurso, na localidade de A Veiga. O programa contará coas actuacións dalgúns dos artistas máis apoiados polo público no certame, entre as 23.00 e as 02.00 horas, na Praza do Toural.
No espectáculo actuarán O Tren Da Unha, grupo que resultou galardoado como Mellor Imaxe Xeral do Grupo e que competía con 'Marilyn'; Joselito, que con 'Pulpo en Salsa' recibiu o premio á Letra Máis Inspirada; Kallaikoi, destacado co Ritmo con Máis Ritmo pola canción 'Rodaballo'; La Plata, o segundo grupo finalista con máis votos do público polo tema 'O reggae das illas', e Tu Mujer Nos Engaña que, con 'Festa a Rachar', quedou clasificado nun terceiro posto.

Poucas horas despois, o sábado á mañá (09.00 ? 13.00h), os integrantes do equipo 'SOMOS QUEN' volverán sorprender os seus oíntes cunha edición especial do magazine realizado tamén desde A Veiga.

Te puede interesar