ourensanos por el mundo

"A verdade é que aquí hai de todo, España hoxe está igual que Estados Unidos"

Susana, na súa casa celanovesa.
photo_camera Susana, na súa casa celanovesa.

Susana deixou Celanova para partir rumbo a Estados Unidos hai 53 anos, pero non deixou de voltar tódolos veráns á súa vila natal

Cal é a túa historia?

Marchei porque cando casei co meu home, el xa estaba alí. El é de Vilanova e coñecímonos nunha voda e o ano seguinte marchei para alí. Tiven que esperar 14 meses porque había unhas cuotas e despois quedei embarazada. Fun a finais de 1963. O meu home traballaba de cociñeiro nun restaurante e hai 40 anos abriu o seu no Village, chámase Spain. Cando a miña segunda filla tiña un ano, empecei a traballar de costureira nunha fábrica. Continuamos vindo tódolos anos,.

Como foi a adaptación?

Adapteime moi ben, a verdade. Non falei o inglés rapidamente pero si que empecei a entendelo pronto. 

Cales son as principais diferencias entre a vida de España e a de Estados Unidos?

Vivides mellor aquí. En España trabállase menos. Alí hai moita vida social, pero non tanta. Eu non ando entre a xente nova, pero creo que aquí hai máis liberdades que en Estados Unidos.

Que lle gustaría que houbera en Celanova da súa vida en Nova York? 

Unha piscina climatizada, porque cando veño necesito facer os meus exercicios e non podo. Pero a verdade é que aquí hai de todo, estades igual ca nós alá.

E que lle gustaría que houbera de España en Estados Unidos?

A Seguridade Social. Alí algunhas mediciñas entran no seguro, pero a maioría non. 

Como vive a situación política que atravesa o país?

É terrible. O pobo non está contento con este presidente e os demócratas estamos moi disgustados porque hai maioría no Congreso pero non fan nada. Pero o presidente é horrible, é polémico, racista... 

Que é o que máis lle gusta do carácter dos americanos?

Son unha xente marabillosa.

E o que menos?

Ese racismo que houbo sempre. Empezando polo censo. Se falas español xa che poñen que eres hispana, non blanca. E se lle dis que eres europea, alí poñen "outros". Os emigrantes foron os máis discriminados, pero foron os que fixeron o país.

Te puede interesar