cita gastronómica

Xantar e artesanía animaron Cortegada

A paella tamén foi un elemento do menú (JOSÉ PAZ).
photo_camera A paella tamén foi un elemento do menú (JOSÉ PAZ).
A Feira de Artesanía e do Porco Celta congregou este domingo a ducias de visitantes na localidade

A décima edición da Feira de Artesanía e do Porco Celta congregou este domingo a ducias de visitantes na localidade de Cortegada, nunha xornada que amenceu anubada e con precipitacións esporádicas pola mañá, que deron paso a unha tarde máis calurosa e con ausencia de choiva.

Trala apertura, o sábado pola noite, cun espectáculo de lume, dende ó mediodía, nas prazas e rúas do núcleo urbán instaláronse máis de vinte postos de artesanía popular, ofertando ó público coiro, tecidos, cerámica e canteiría, entre outros produtos.

Ademais, cada media hora, o Concello organizou diferentes actividades como o baile medieval para rapaces ou un espectáculo de circo acrobático ó aire libre, que foi moi aplaudido. Por outra banda, un equipo de cociñeiros adicouse á preparación da carne de porco celta, que foi troceada e asada en parrillas, e, tamén, á elaboración dunha gran paella, elementos principais que integraron, xunto con viño do Ribeiro, o menú do xantar popular que se levou a cabo nunha carpa dende as dúas da tarde, e no que tamén participou o alcalde de Cortegada, Avelino Luis de Francisco. A celebración, que contou co apoio e a colaboración da Deputación provincial de Ourense, continuou pola tarde cun programa reservado para os máis cativos, que poideron disfrutar dunha "festa da auga" e de xogos en hinchables.

Te puede interesar