Portas de Galicia forma en albañilería y forestal

Alumnos do último obradoiro en Vilariño, Gudiña e Riós
photo_camera Alumnos do último obradoiro en Vilariño, Gudiña e Riós
O obradoiro de emprego e formación terá unha duración de nove meses

A Xunta de Galicia vén de conceder aos Concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso, A Gudiña e Riós un Obradoiro de Emprego Dual denominado Portas de Galicia. Este programa de formación e emprego, terá unha duración de nove meses e desenvolverase durante os anos 2021 e 2022. 

A través del, os participantes realizarán unha formación en alternancia coa práctica profesional, dirixida o aprendizaxe, a cualificación e a adquisición de experiencia profesional, realizando un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social. Os alumnos-traballadores serán contratados pola entidade promotora - o Concello de Viana do Bolo- na modalidade de contrato para a formación e o aprendizaxe, recibindo unha retribución equivalente ao salario mínimo interprofesional. 

Os módulos que se impartirán durante a intervención serán o de Actividades Auxiliares en conservación e mellora de Montes e Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Todas aquelas persoas, maiores de 18 anos, que estean interesadas en participar, deben inscribirse na oficina de emprego de Viana do Bolo solicitando solicitando estas actividades formativas. 

A Xunta de Galicia será a administración encargada de subvencionar os gastos derivados da posta en marcha e desenvolvemento do Obradoiro Dual, así como os custos de contratación dos participantes

Te puede interesar