El PSdeG-PSOE vianés solicita más plazas en la guardería

Sinalan que son moitos os proxenitores os que se ven na obriga de desprazarse a outros municipios

O PSdeG-PSOE de Viana do Bolo solicita a ampliación do número de prazas da gardería do municipio. Así, defenderán unha moción no pleno deste venres, na que pedirá a ampliación de prazas na gardería pública infantil, así como a súa correspondente dotación de persoal e material. 

Os socialistas sinalan que na actualidade son varios os pais e nais que se ven obrigados a levar os seus cativos e cativas a gardería do Concello de Vilariño de Conso ante a carencia de prazas en Viana, cos contratempos que isto supón. Critican tamén que por parte do goberno municipal “falta vontade” para dar solución a estas carencias de prazas na gardería e engaden que “debemos celebrar a importancia do incremento dos nacementos, que contribuirán de forma sistemática ao incremento da poboación e a rexuvenecer á veciñanza e  para que isto sexa unha realidade, é de vital importancia que as familias teñan uns servizos dignos para os seus fillos e fillas”.

Dende o Grupo Municipal Socialista expoñen que nos últimos anos “incrementáronse de maneira significativa” os nacementos no municipio de Viana do Bolo e “dende o Concello nunca se estableceu ningún tipo de axuda para favorecer o aumento da poboación, cousa que si acontece noutros municipios”. 

Abelardo Carballo, alcalde de Viana do Bolo, asegura que dende “a miña chegada ao goberno somos conscientes de que a ampliación de prazas é unha necesidade, pero hai que encontrar a forma e o lugar”. Actualmente sinala que para o Concello “é inviable asumir esa inversión” polo que será necesario chegar a un acordo co goberno autonómico”. Engade, que durante o presente ano “se conta cun presuposto que o único que permite é realizar arranxos”.

Te puede interesar