O PSdeG de Viana critica o arreglo do vial ó Cabo da Vila

Estado da estrada que leva ó Cabo da Vila.
photo_camera Estado da estrada que leva ó Cabo da Vila.

Carballo asegura que "están pendentes das condicións meteorolóxicas para levar a cabo esta reparación"

Os socialistas de Viana do Bolo instan ao goberno municipal a non recepcionar o vial ó cabo da Vila, que une a estrada do Sarito coa estrada de Vilariño, debido “ao mal estado da mesma”. Así, solicitan que se dialogue coa Deputación de Ourense, encargada da obra de reforma, para que esta esixa a empresa adxudicataria “que corrixa as graves deficiencias no arranxo deste vial e que garanta que o firme da estrada aguantará o seu uso e as condicións meteorolóxicas”.

O PSdeG asegura que “fai dous meses que se rematou co arranxo pero a obra presenta graves deficiencias, chegando a levantarse a capa de rodadura. Se coa obra recen rematada, aparecen estes problemas estruturais, preguntámonos cal vai ser o estado da vía logo dun tempo, cando as condicións meteorolóxicas e o uso da mesma repercutan directamente sobre o firme”.

Abelardo Carballo, tenente de alcalde do municipio, afirma que “efectivamente apareceu un pequeno brando na zona asfaltada que non puido ser arranxado ata o momento porque son precisos catro días sen precipitacións para botar o asfalto con garantías”. Carballo asegura que “tanto o director da obra como a empresa están pendentes das condicións meteorolóxicas para levar a cabo esta reparación”. Conclúe declarando que, “por suposto, non se deu por finalizada a obra nin se realizou a recepción definitiva”.

Te puede interesar