Viana oferta un posto para un Axente Dinamizador

A duración do contrato estenderase ata o 31 de marzo de 2022

O Concello de Viana do Bolo oferta unha praza de Axente Dinamizador do territortio con enfoque de xénero. A duración do contrato estenderase ata o 31 de marzo de 2022 cunha retribución de 1.714,29 euros brutos mensuais. Entre as funcións a desenvolver  encóntrase programar, organizar, supervisar e avaliar as actividades de toda índole vinculadas coa promoción da igualdade entre homes e mulleres ou propoñer campañas e accións de sensibilización cuxo obxectivo sexa a modificación de actitudes discriminatorias e tamén os estereotipos sexistas. 

Os interesados no posto deberán figurar como desempregados ou demandantes dunha mellora de emprego no Servizo Público de Emprego, xa que a selección se realizará mediante a presentación de oferta neste organismo e atendendo aos criterios establecidos na convocatoria.

Te puede interesar