Vilariño mellora o acceso á praza dende O Souto

Praza de Vilariño de Conso onde se levará a cabo a intervención.
photo_camera Praza de Vilariño de Conso onde se levará a cabo a intervención.
Destinarase un total de 204.000 euros para levar a cabo a intervención

A Xunta de Galicia adxudicou por un importe de algo máis de 204.000 euros as obras de mellora da intersección da rúa do Souto coa praza da Vila no concello de Vilariño de Conso, un proxecto que permitirá ampliar os espazos urbanos e os servizos da zona.

Cun prazo de execución previsto de catro meses, o proxecto ten como obxectivo acondicionar e mellorar a referida intersección, as vías e outras instalacións localizadas nesta área. Para iso, prevese a construción dun muro de contención de formigón e doutro de pedra, o deseño dunha rotonda, unha ampliación das vías e o saneamento das pluviais.

Esta actuación urbanística executarase en virtude do convenio de colaboración subscrito o pasado verán no marco do plan Hurbe entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Vilariño de Conso, que cofinanciarán os traballos nun 70% e nun 30%, respectivamente. Con esta interveción, Vilariño de Conso continúa a mellorar o entorno do lugar.

O plan Hurbe foi impulsado pola Xunta no ano 2010 para apoiar ás administracións locais na execución de proxectos urbanísticos que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da veciñanza a través da mellora ou da construción de equipamentos e servizos públicos. Desde entón, permitiu mobilizar ao redor de 163 millóns de euros destinados a financiar máis de 400 intervencións urbanísticas en decenas de concellos galegos.

O vindeiro ano, o Goberno galego seguirá apoiando ás entidades locais na execución deste tipo de obras e intervencións urbanísticas cun orzamento de 8,6 millóns de euros, un 23% máis que o reservado a tal fin en 2022.

Te puede interesar