Andaina da asociación veciñal Souto Sanín

Foto de grupo de los asistentes a la andaina.
photo_camera Foto de grupo de los asistentes a la andaina.

A Asociación Veciñal Souto Sanín organizou a súa primeira andaina popular. A ruta discorreu polo concello do Pereiro de Aguiar, percorrendo o sendeiro dos muíños do río Loña. 

En palabras do presidente da asociación: “A convocatoria foi un éxito, con préto de 40 veciños e veciñas que se animaron a participar”. As condicións climáticas acompañaron e a saída culminou cun xantar campestre á beira do río, completándose a sobremesa con xogos populares. Desde a asociación insisten “este tipo de xuntanzas reforzan os lazos interxeracionais entre a veciñanza”, polo que animan á xente a participar nas actividades futuras que organizarán. 

Te puede interesar