VIDA

Bodas de Perla para José Ángel Caride e Marisol Deus

VIDA

Bodas de Perla para José Ángel Caride e Marisol Deus

José Ángel Caride Lamas e Marisol Deus Santeiro casaron o día 1 de setembro do 1990 en Confurco (Oseira). Dende entón, 30 anos de amor froito do que naceu a súa filla, Belén Caride Deus, que chegou as súas vidas un día 13 de decembro de 1991.

Viven dende hai 30 anos no Carballiño e con motivo das Bodas de Perla, hoxe celebran unha comida íntima só cos máis achegados para gardar todas as precaucións por mor do covid-19. Pero son moitos os que os queren e lle desexan outros 30 anos, mínimo, de feliz relación. Unha xornada de celebración e moitas emocións que de seguro sorprenderá á feliz parella. ¡Moitos parabéns!