Elena Andrés, historias a través da ilustración

Elena Andrés sentiu dende nena unha gran atracción polo debuxo. E o que comenzou sendo un pasatempo infantil de crear historias para darlle vida a súas bonecas e debuxar aos protagonistas das súas series infantís, converteuse a día de hoxe no seu traballo

Elena Andrés síntese moi afortunada. Tan só un ano despois de terminar os seus estudos de Ilustración, algúns dos seus traballos xa están publicados. Ademais, foi gañadora na categoría de Ilustración do XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez que convoca a Deputación. De cara o futuro, a mesa chea de papel e lápices para dar vida ás historias que a súa imaxinación busca plasmar e compartir cos lectores.

Creo que dende sempre me gustou debuxar. Lembro plasmar en papel os protagonistas das series que adoitaba ver e tamén deixar voar a imaxinación e crear historias para as miñas bonecas… pero de aí a pensar que me acabaría adicando a isto… Comezou sendo máis serio cando entrei na Universidade. Tras estudar Traducción non tiña claro se meterme xa no mundo laboral ou formarme algo máis no eido das artes. Aínda seguía viva en mín esa inquedanza polo debuxo. Así que fixen Ilustración na Escola de Arte Antón Faílde de Ourense e aí si que tiven claro que ese era o meu camiño. Gustábame moito, e gústame, non se me da mal –creo eu- e era unha forma de crear as miñas propias historias. 

E acabando os seus estudos na Antón Faílde o pasado ano, xa ten acadado recoñecementos.

O primeiro que fixen foi prepararme a varios concursos. Entre eles ao XIX Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración que organiza a Deputación de Ourense. Con este galardón teño a encomenda de ilustrar o “Xoán, Xoana”, do escritor e editor Francisco Castro, gañador na modalidade de narración.

Supoño que iso da moitos azos para seguir.

Si. Considérome afortunada por levar tan só un ano traballando e poder ver xa os meus libros publicados. 

Como é ilustrar basándose no libro doutra persoa?

Moi diferente a cando fago as miñas propias historias. Dos meus personaxes coñezoo todo, sei o que pensan, o que buscan, como son… Sendo a historia doutra persoa, ás veces leva máis tempo conectar cos protagonistas, pero unha vez que o fas, todo flúe.

Se non está marcada por unha historia concreta, como son as súas ilustracións?

Gústame que estén centrada nun personaxe, que transmitan emocións. Agora mesmo estoy máis enfocada en traballos infantís e xuvenís. Conto as súas vidas, o que lles gusta, o que fan no seu día a día, como se divirten…

E mostra diso naceu “Vou”, de que trata este libro?

É un álbum ilustrado para nenos e nenas que conta como Xan e os seus amigos quedan todas as tardes no parque e, nesta ocasión, toca xogar ás agochadas. Os lectores teñen que axudar a atopar a todos os que están agochados. Estou moi contenta de como quedou, ademais de que foi algo que comecei na Escola e quen me ía decir a mín que acabaría sendo publicado.

Por que elexiu unha historia dirixida aos máis cativos?

Básicamente, porque fora o que me pedirá un profesor (risas). Pero moi agradecida de que o fixera. As veces hai tantas temáticas e tanta liberdade que non saber por onde tirar. Precisas dunha guía, dun punto do que partir. 

Como é o proceso de meterse na pel dun rapaz ou rapaza para chegar a eles?

O primeiro que penso é no que a mín me gustaría ler cando era nena. Ten que ser algo divertido, de fácil lectura, con moitas cores nas súas ilustracións que chamen a atención… algo que lles sirva para que comecen a amar a lectura e xa nunca deixen de facelo. E algo que me gusta especialmente é que teñan que lelo varias veces, que con cada vez que o lean atopen algo novo nas súas páxinas.

Como ve a relación desas franxas de idade cos libros?

Creo que cada vez queren ler máis cómic e máis manga. Menos libros con só texto. Así que a mín venme ben que terei máis traballo (risas). O importante é que os nenos e nenas teñas máis posibilidades de escoller o que queiran ler. Que o importante é que lean. 

Para os que consideran o cómic como de “segunda clase”, que lles diría?

Creo que ten moito poder. As imaxes fan que os nenos e nenas se enganchen axiña os persoaxes e non os solten ata que rematan. E non tan nenos, que cada vez hai máis cómics para adultos e é unha gran ferramenta tamén para fomentar a lectura. 

E para os máis maiores?

Non é algo que teña descartado. Teño aí nunha gaveta historias pendentes de contar. Non descarto os cómics para adultos nun estilo máis realista.

Como definiría a ilustración na súa vida?

É algo que está sempre presente. Podo estar facendo calquera cousa, que no momento o traslado ao papel. No canto ao estilo emprego cores moi vivas, rechamantes, activas, e con fondos con moitos detalles para que te poidas parar en cada un deles a descubrir todo o que sae neles. 

No seu traballo, como é o día a día?

Cando traballo para mín mesma, a verdade é que é fácil perderse. Ao non ter horario de entrada e saída hai que planificarse porque hai datas límites… que se fallas, supón que retrasas toda a cadea ata que o libro ve a luz. Normalmente traballo todos os días, sen descanso, ata que saco o traballo adiante.

E os días que a collen con “menos musas”, como o solucionas?

Cando pasa iso… é realmente frustante. Nese momento o mellor é deixalo repousar e volver máis tarde. Chegará. Ao igual que as historias que non arrincan ou que non sabes como seguir. Deixoas un par de días, fago cousas diferentes como pasear, ir ao cine, escoitar música… e logo volvo solo ter outra perspectiva que me permite continuar.

Na actualidade xa está preparando novas publicacións?

Estou facendo unha serie de cómics con novos personaxes que vai saír este verán. Está destinada á rapazada de 9 a 10 anos. A verdade é que estou moi emocionada de poder seguir contando novas historias e darlle voz a novos persoaxes.

Te puede interesar