Buzón

Exposición "Curros Escénico", en Celanova

FotodeFundacinCurrosEnrquez2.jpg_web
photo_camera Autoridades e organizadores da mostra na Casa dos Poetas.

A Casa dos Poetas acolleu o acto inaugural das actividades que a Asociación de Amigos da Banda de Música organizou para esta fin de semana en Celanova en homenaxe a Manuel Curros Enríquez polo 170 aniversario do seu nacemento.

Baldo Ramos e Manuel Alejandro López Pérez.Baldo Ramos e Manuel Alejandro López Pérez.

A Fundación Curros Enríquez colaborou con varias delas, como o “Curros Escénico”, unha mostra que pretende afondar nunha faceta pouco coñecida de Manuel Curros Enríquez: a de escritor teatral. Ao mesmo tempo engloba outras manifestacións artísticas de carácter escénico relacionadas coa obra poética do referido autor, especialmente as “melodías galegas” ou cancións creadas por Xosé Castro “Chané” e Xoán Montes. 

Público asistente á conferencia.Público asistente á conferencia.

 

Tamén se inclúen diversos documentos con curiosidades sobre o tema. Así, establécese  unha vinculación entre o pasado e a obra semiescénica de nova factura elaborada no 2021 por Alejandro López e Baldo Ramos. A mesma parte de poemas de Curros, aos que se lle engade unha música e un texto de unión.

Un momento da visita á mostra.

Un momento da visita á mostra. 

 

Te puede interesar