Parabéns ao centenario Juan Davila!

Un momento do centenario de Juan Davila.
photo_camera Un momento do centenario de Juan Davila.

Cumprir cen anos é un acontecemento que merece ser celebrado por todo o algo. Sobre todo cando hai tanta xente ao redor que che ten infinito agarimo e cho demostran cada día. Ese é o caso de Juan Davila, residente na actualidade en Vilanova, Concello de San Cibrao, onde vive con dous dos seus catro fillos.

A historia de Juan Davila é desas que dan para contar nun libro. Reclutado para a Guerra Civil, puido quedar no cuartel e non ir ao frente onde o destino era moito máis incerto. Canteiro e ferreiro ata que se xubilou, segue a gozar dunha boa memoria coa que agasalla con historias a todo aquel que bota un anaco do seu tempo con el. 

Dende o Concello de San Cibrao sumáronse á celebración cun agasallo e acompañandóo neste día. Parabéns!

Te puede interesar