Queima dos píos de fin de ano, en Sande

1
A parroquia de Sande recuperou a tradición de queimar píos na noite de fin de ano. Así, tras cortar a palla e facer estas construccións agrícolas, despois das uvas que anunciaban a chegada dun novo ano, un grupo de veciños reuniuse para queimalos. Entre eles, estes cativos: Izan, Iker, Rocío e June. A tradición decía que tras as badaladas de fin de ano, os mozos da localidade saían, a unha hora incerta, a queimar os píos. Uns veciños a outros. Unha trasnada sen maior maldade que a de pasar a noite. 

Te puede interesar