Entrevista

Diego Rodríguez, o segredo de artesáns da forxa

Trandeiras (Xinzo de Limia). 11/01/2021. Reportaxe e portada para o vida a Diego Rodríguez, ferreiro de Trandeiras na súa forxa familiar.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Diego, ferreiro de Trandeiras na súa forxa familiar (XESÚS FARIÑAS).
Antigamente o oficio de ferreiro estaba extendido por toda Galicia. Hoxe en día, os tradicionais cóntanse coas mans. E Diego González é un deles. Aficionado á forxa, dende o seu taller ubicado en Trandeiras, Xinzo, elabora diferenetes tipos de pezas de xeito totalmente artesán. O amor á terra, ao rural e ao mesmo metal co que traballa, son os azos que lle dan pulo para seguir. 

Como é que un bombeiro acaba compaxinando dita profesión coa afición da forxa?

É o que ten ter tempo libre... (risas). A verdade é que sempre me gustou traballar co metal e comecei facendo apeiros para uso propio, continuei con elementos decorativos para o fogar como varandas, cabeceiros de cama... e, así, pouco a pouco, fun aprendendo as técnicas antigas que empregaban os nosos ancestros. 

Onde é que se aprende a ser ferreiro?

Fun tirando información de libros antigos e hoxe en día Internet tamén axuda. E, como non: práctica e paciencia.

Non houbo un mestre ferreiro que o guiase?

Algún houbo, pero a xente que recorda aos ferreiros tradicionais xa é moi maior. E os que quedan, teñen as súas técnicas segredas. E eso non se conta. Se as descobren sería como desvelar a súa apócema máxica para lograr os mellores resultados.

E agora ten un taller en Trandeiras.

Era unha antiga casa familiar que recuperei gracias aos azos que me daba a xente do meu ao redor, que me decía que tiña que dar a coñecer o meu traballo e o que era ser un ferreiro tradicional. Date conta que antes había un ferreiro en cada pobo da Limia; agora, o último de Trandeiras morreu fai 50 anos. 

Como é o proceso de elaboración dunha peza?

Depende do que se vaia facer, pero, en termos xerais, e como me gusta seguir todo o proceso de forma artesán, comeza recollendo uces e arrincando torgos no monte para facer o meu propio carbón, -outro oficio perdido, o de carboeiro-. No taller tampouco teño luz eléctrica, co cal, todo se fai manualmente. Tento empregar sempre materia prima reciclada: dende ferramentas rotas, pezas do coche, de ferrocarrís... e vaiselle dando a forma que busco na forxa.

Hai algún momento clave no traballo no que todo se pode botar a perder?

Na coitelería, por exemplo, o templado. Aí é onde está a clave e o segredo do que falamos que tiñan os ferreiros. A forxa artística, é algo máis dinámica, e soporta mellor os erros. Sempre se pode amañar con algúns retoques.

Fillo_resultado

Diego co seu fillo. 

Que tipo de pezas fai?

Tento facer un pouco de todo. Hai que diversificar. Gustaríame recuperar a forma tradicional de facer dende ferramentas para a labranza, a pezas de forxa artística coma reixas, cabeceiros, mobles..., incluso algún instrumento como o birimbau.  

O refraneiro di: “en casa de ferreiro, cóitelo de pau”, no seu caso, cúmprese?

Si se cumpre, si. Hai que respetar os refrans dos maiores (risas). Aínda que son mañoso e na miña defensa direi que o meu traballo é de bombeiro, non de ferreiro.

Hai algunha peza no taller á que lle teña especial agarimo?

As ferramentas herdadas do meu avó que atopei na casa onde traballo, e os martelos do meu pai. Ningún deles era ferreiro,pero si moi apañadiños. Gústanme as ferramentas que teñen e contan historia, que pasaron polas mans doutros e teñen a súa pegada. 

E a súa peza preferida?

Elaboro unhas por algún encargo que me gusta moito como quedan. O detalle de cada pétalo, con marcas únicas, con carácter. Nada que ver coas cousas que se fan en serie. 

Unha vez rematada a peza, que sinte?Trandeiras (Xinzo de Limia). 11/01/2021. Reportaxe e portada para o vida a Diego Rodríguez, ferreiro de Trandeiras na súa forxa familiar.Foto: Xesús Fariñas

Moitas veces xenio (risas). Porque o traballo que me leva para o resultado, non é o esperado. Con menos esforzo, de forma mecanizada, queda mellor. E aí está o motivo de que desaparecesen os ferreiros. Facer todo a man non compensa para o resultado final. Eso si, non levan a personalidade que eu lle podo conferir. E son pezas únicas. 

Que obxetivo persegue co seu traballo na forxa?

Dar a coñecer o traballo dos antigos ferreiros e facer cousas seguindo esas técnicas. Non como un traballo, senón como o que é agora, unha afición. Outra cousa é que en momentos puntuais faga algún encargo para amigos ou familia. Eu teñóo como unha afición, se fora traballo, xa non o faría co mesmo agarimo. Non saco nada das pezas que fago ao público, é para o meu entorno. Por eso as pezas tampouco teñen ningún selo que me identifique. Aínda que quen sabe se co tempo...

E para vostede que significa?

Un modo de desestresame, relaxame, desconectar... para mín é un proceso máxico que conxuga a terra co propio carbón que sae da terra; a auga coa que templar o material; o lume para modelalo; o lugar onde estou que é unha casa con historia, a dos meus avós, que xa tivo un tear alí; a tradición; a recuperación do rural... todo iso é o que me da azos para seguir. E o interese da xente por ver este traballo. 

Que lle din os veciños?

Veñen moitos de visita. Recordan ao ferreiro da aldea e contan de cando eran nenos, de como axudaban a darlle fuelle, ou como traballaba. A eles gústalles rememorar a súa nenez e contar o que viviron de cativos na miña forxa. 

Teño escoitado que tamén é inventor…

Algunha cousiña teño por aí… 

Algunha que ata foi medio viral… conte conte…

Deuseme por facer un tractor fabricado co motor dunha moto Rieju de 1974 de 50 centímetros cúbicos,  unha caixa de cambios dun Renault 4, o volante dun Lancia, cadeas para que non perda tracción, pezas feitas por mín… Bauticeino co nome de “Jhoni Deere”, subino as redes, e cando me dei conta, xa era viral.  

Como ve a situación no rural?

A verdade é que está moi difícil a cousa. Esto non da cambiado a pesares de todas esas iniciativas e achegas económicas das que se falan. Por riba hai moitas trabas administrativas para as iniciativas. É unha tristura ver como os pobos morren sen remedio. Igual esta pandemia trae consigo un cambio de mentalidade. Oxalá sexa o bo que saquemos dela. 

Ten en mente algún proxecto para esta afición súa?

Gustaríame facer unha asociación cultural, que viñese a cativada a coñecer o oficio, cecáis crear un pequeno museo con pezas artesas, que se saiba que en Trandeiras hai unha forxa antiga funcionando… Xa teñen vido fotógrafos e algunha asociación como a Limisi. E ir perfeccionando as técnicas.  

Denos unha boa nova... hai relevo xeneracional?

O meu fillo de 8 anos xa colle as ferramentas, e algún neno do pobo tamén. Polo menos, eles poden ver como é este traballo en directo. Cousa que eu non puiden. 

Te puede interesar