LINGUA GALEGA

60 fermosas palabras galegas que deberíamos empregar a diario

piedradelareira_1000_result
photo_camera La Lareira, vista pola ilustradora Beatriz Lobo para o calendario Abanca 2015. .

Foliada, Riquiño, Ruliña, Acivro, Brincadeira, Xoaniña... verbas tan agarimosas como imprescindibles

.Enxebre, Lareira, Lar: Calidade de vida. 

.Lembranza, Morriña, Saudade: Certo, os galegos temos o noso temperamento. Pero tamén posuímos verbas como Cóxega, BrincadeiraAloumiño, LarpeiradaAgarimo, Ledicia, Foliada ou Esmorga (un must). 

.Riquiño/a: Un adxetivo marabilloso e ademáis cun potencial enorme de exportación. 

.Carallo: INSUPERABLE.  

.Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro. Un dos tantos insultos galegos imprescindibles, como PailánTrapalleiro

.Petisco Os nosos pintxos molan moito. 

.Berce, Axóuxere, Boneco: Se o galego xa é un idioma agarimoso, que agardar das verbas referidas aos Cativos

.Meigallo: O traballo dunha Meiga. Un Feitizo en plan mal. 

.Rabudo: Outra das nosas palabras TOP. 

.Amizar: Cando está a rematar a choiva. A podemos incluir nesas 70 verbas que temos para designar a choiva e tódolas as súas variantes. Outros fenómenos que pasan no ceo e nos encantan poden ser Luar, Lóstrego, Treboada ou Brétema

.Luscofusco:  Ese momento xusto do solpor no que aínda queda luz solar. Unha desas expresións que non teñen traducción exacta noutro idioma.

.Golfiño, Ollomol, Curuxa, Xoaniña, Anduriña, Bolboreta, Besbello, Avelaíña, Paporrubio, Vagalume: A Bioloxía en galego é máis fermosa. Como mellorar verbas como Ruliña, Parrulo ou Galopín

.Caluga, Pulso, Colo, Cóbados: A anatomía no noso idioma cobra outra dimensión. 

.Luvas:  A podemos incluir no vocabulario futbolero, con outras palabras coma Gardamallas ou Asubío). 

.Acivro: Unha das miñas favoritas. Tampouco están mal Toxo, Folerpa ou Fervenza)

.Bico e Bágoa: (Haberá outro idioma no que soen mellor estas dúas palabras?)

Te puede interesar