'Por un futuro á galega', o novo anuncio de Gadis

A compañía lanzou o novo anuncio de Vivamos como Galegos e no que volve a defender a forma de vida das persoas que viven na nosa terra. "O futuro a galega vai ter moitas cousas boas", asegura a protagonista. 

A compañía de supermercados Gadis lanzou hoxe o seu novo vídeo de 'Vivamos como galegos'. Un vídeo no que defende a vida que levaron sempre os galegos e a loita por un futuro no que os galegos sigan mantendo o seu espírito. "Dille a un galego que non pode e levarás unha sorpresa”, é unha das frases que deixa a protagonista do vídeo que anticipa una misión espacial galega. "Pronto veredes a misión espacial galega", afirma antes de indicar que "o futuro a galega vai ter moitas cousas boas" e que "seguiremos sendo morriñentos sen fronteiras". 

Te puede interesar