RECOPILACIÓN

Humor galego que triunfa parodiando 'hits': Da 'Bertolina' ao 'Ferti món'

O vídeo musical en galego máis visto na historia de Youtube é obra de Daniel Moreiras, María Porteiro e Iván Capón, que levan tres anos transformando en virais as súas adaptacións de temas de Enrique Iglesias ou Miley Cyrus

Coa 'Bertolina', adaptación da canción de Wisin, Ricky Martin e Jennifer López, convertéronse nos autores do vídeo musical en galego máis visto na historia de Youtube. Subido o 24 de abril do 2014, acumula a estas alturas máis dun millón oitocentas mil reproduccións. Pero baixo o nome de Páramo Pictures, Daniel Moreiras, María Porteiro e Iván Capón, levan encadenados uns cantos éxitos virais máis, que buscan ampliar con 'Préndelle o boi' (publicado este mércores, xa pasa das 70.000 visitas). Sempre cunha receta que os leva a 'galeguizar' hits de Miley Cyrus ou Enrique Iglesias. Retorcer os temas orixinais, asignándolles unhas letras que xogan coa ironía e referentes do rural galego, buscando a complicidade da súa audiencia. Vistos os resultados, o están a conseguir. 

> 'Vou Estalar'

>'Ferti món' 

>'Bertolina' 

>'Paletilla'

>'Chandaleí'

>'Préndelle o boi'

Te puede interesar