Xornal Escolar

Vendimiando na cidade

Xornal Escolar

vendimia

Vendimiando na cidade

A pisa de uvas foi un dos momentos máis divertidos.
photo_cameraA pisa de uvas foi un dos momentos máis divertidos.
Os alumnos de Cardenal Cisneros preparáronse para cortar os acios, recollelos, preparar os cestos e ir botando neles as uvas para poder realizar unha das partes más divertidas da vendima

É tempo de vendima e, por iso, os alumnos de Educación Infantil do colexio Cardenal Cisneros de Ourense non quixeron deixar escapar a ocasión de realizar unha das tarefas más tradicionais improvisando unha curiosa viña dentro da aula. Os pequenos traballaron en equipo e divertíronse moito elaborando un zume de uva que tiveron ocasión de probar para celebrar o traballo ben feito. 

Na vendima do Cardenal Cisneros non faltou detalle. Os nenos preparáronse para cortar os acios, recollelos, preparar os cestos e ir botando neles as uvas para poder realizar unha das partes más divertidas da vendima. O pisado das uvas foi a parte que máis gozaron os pequenos, que se meteron dentro das tinas por parellas para unir forzas e preparar o seu particular viño. Como en calquera vendima que se prece, finalizaron as tarefas compartindo un almorzo e brindando co mosto elaborado por eles mesmos, que representaba o froito do seu esforzo. 

A actividade da vendima foi realizada dentro do proxecto Vagalume, que ten por obxectivo a promoción do uso e da valoración do galego nas aulas por medio da creatividade e da incorporación das tecnoloxías. Deste xeito, os alumnos traballaron para favorecer e potenciar actividades de respecto cara á cultura tradicional galega, valorándoa como eixo fundamental do presente e do futuro.