XORNAL ESCOLAR

ABN para aprender matemáticas

20180322141606968_result
photo_camera Para o profesorado, o ABN pasa a ser unha ferramenta activa na que interactúa cos seu alumnos e non hai sitio para o aburrimento,

O algoritmo basado en números é unha formación coa que o cálculo convértese en algo dinámico e productivo

O profesorado de Infantil e Primaria vén de formarse en ABN, esto é algoritmo basado en números. Esta formación, a piques de rematar, preténdese incorporar o vindeiro curso académico. Trátase dunha forma diferente de ensinar matemáticas desde os primeiros niveis de escolarización. Apostan por unhas matemáticas sinxelas e divertidas, cercanas e prácticas.

É posible calcular de maneira máis motivadora, máis fácil e máis conectada co pensamento dos nenos, máis adaptada ás súas futuras necesidades. En definitiva, o xeito máis eficaz para que os rapaces acaden a competencia matemática. O método tradicional para facer contas, resúltalles aos rapaces aburrido, repetitivo  e sen significado.
Para o profesorado, pasa a ser unha ferramenta activa na que interactúa cos seu alumnos e non hai sitio para o aburrimento.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar