XORNAL ESCOLAR

Actividades para a formación integral

XORNAL ESCOLAR
photo_camera Os escolares e profesores presentaron o seu cole ás cámaras de Telemiño (ÓSCAR PINAL).

Escolares do CEIP Xosé Manuel Folla Respino presentaron o seu centro de ensino ás cámaras de Telemiño e explicaron todas as propostas nas que participan durante este curso escolar

Escolares de Vilamartín de Valdeorras, do CEIP Xosé Manuel Folla Respino recibiron a visita das cámaras de Telemiño e do equipo do Xornal Escolar que se interesou por coñecer este centro de ensino cuxa actividade é moi intensa durante todo o curso en todas as etapas educativas.

Os máis cativos do centro, os nenos e nenas de Infantil traballan por proxectos. Ademais das actividades propias do Plan Proxecta, tratan de forma integral temas como O Polo Pepe, o estudo de diferentes países e este curso están inmersos nas etapas históricas. Comezaron a estudar a prehistoria, traballando as tres principais etapas deste período convertendo o espazo de asemblea nunha cova. Tamén viaxaron a Exipto, onde trataron as pirámides, os faraóns, os deuses, as momias, etcétera. Estes días están a estudar a Idade Media e contan na aula cun particular castelo. 

Dentro do Plan Proxecta, o colexio de Vilamartín de Valdeorras traballan dun xeito especial nun apartado denominado "Protexe aos animais". Os nenos e nenas de Infantil criaron eirugas e encubaron pitos. feito que os fixo obter un accésit por acadar este reto e ser o único centro de ensino de Ourense en facelo. Tamén acudiron ao colexio responsables da protectora de animais "Peludines Callejeros Valdeorras", que acudiron ao centro acompañados por Trosky, un cadelo restacado que busca un fogar onde o queiran.

Ademais de presentar estas actividades ás cámaras de Telemiño, os escolares tamén falaron do Punto Limpo. Dende hai anos no colexio están comprometidos coa reciclaxe e todos os residuos que se xeran no centro son reciclados. Crearon un punto limpo dentro do colexio onde almacenan todos os residuos e ademais teñen un composte iro para os residuos orgánicos. Unha vez á semana os escolares xunto aos profesores desprázanse en grupos ao punto limpo da Deputación para depositar o almacenado. Tamén realizan reciclaxe solidaria de tapóns que entregan ás familias que máis o precisan e este ano participaron no concurso Pillábate de recollida de pilas, xuntando 186 quilos.

As cámaras de Telemiño tamén se detiveron no horto escolar co que contan desde hai varios anos e desde onde realizan diversas tarefas en grupos. Uns días quitan as herbas, outros regan, fan semilleiros, recollen produtos e se adaptan ao que toca cada época do ano. Ademais, todo o que producen o consumen no comedor escolar ao longo do curso. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar