UN, DOUS, TRES... GRAVANDO

O aforro de auga é cousa de todos

Telemiño. 19/03/18. Grabación del programa de Xornal Escolar en Telemiño del colegio Virxe de Covadonga.
Foto: Xesús Fariñas

Escolares de Covadonga están a convertirse en expertos e ofrecen unha serie de consellos para un uso correcto da auga

O programa Xornal Escolar desta semana será do máis dinámico. Andrea Rodríguez e Paula Villa exercen de representantes dos escolares que participan na iniciativa da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e dan conta do que está a ser esta fantástica experiencia para eles. Andrea asegura que o que máis lle gusta desta actividade é analizar a agua in situ e Paula, pola súa banda, destaca as actividades relacionadas coas especies que se poden atopar na contorna do río, tan animais como vexetais.

O programa comeza coa presentación da actividade da man do presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil; e o biólogo que participa nesta proposta educativa cos escolares, Ángel Lorenzo. 

Consideran que o coidado da auga e do entorno é fundamental xa que a “auga é vida”. 

Ángel Lorenzo acudiu ao plató de Telemiño cunha gran bola do mundo, que empregou para explicarlle aos espectadores e aos escolares que estaban no plató, a cantidade de auga que hai no mundo, cal é doce e cal é potable. Chegando á conclusión de que a auga é un ben escaso que hai que coidar moito xa que é un tesouro que hai que utilizar con responsabilidade.

Antes de despedir o programa, os escolares do CEIP Virxe de Covadonga encargáronse de presentar un informativo do Xornal Escolar, onde deron dez consellos do uso responsable da auga.

O programa Xornal Escolar despediuse con outra actividade para a que tamén se empregou auga, a Expociencia Guilleme Brown que hai uns días celebrou a súa 17º edición.

Conchi Pérez despide esta semana cambiando a súa recomendación e así convida a todos os nenos e nenas a “rir, xogar e aforrar auga”.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar