XORNAL ESCOLAR

O alumnado do IES de Allariz amosa o lado máis solidario

O centro educativo organiza este venres unha carreira polo casco vello da vila alaricana a favor da asociación Puzzle

O alumnado do IES de Allariz volverá a amosar o seu lado máis solidario cunha nova proposta, nesta ocasión trátase dunha carreira que se celebrará  este venres, 12 de abril, entre as 12:00 e as 14:00 horas.

O alumnado correrá polo casco histórico de Allariz, por unha boa causa. O obxectivo principal desta actividade, segundo explica o profesor, Xosé Rodríguez é que “cada participante buscará un ou varios patrocinadores por cada quilómetro percorrido”. O diñeiro recadado cos patrocinios será destinado cada edición a unha asociación ou ONG galega. Na primeira carreira os ingresos serán destinados á asociación alaricana Puzzle, que loita pola integración laboral das persoas con discapacidade. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar