O meu cole chámase...

Antonio Faílde

Gran escultor

xornalescolar_2501_failde_01

Antonio Faílde Gago naceu na localidade de Piñor, en Barbadás, no ano 1907. Foi criado na aldea polos seus avós e, seguindo a estela do seu tataravó, comezou a interesarse pola escultura. Xa con 12 anos, Faílde traballou como canteiro, un oficio que lle permitiu desenvolver con destreza a técnica do traballo da pedra. Antes de montar o seu propio obradoiro, estudou na Escola  de Artes e Oficios e tamén pasou un tempo estudando en Madrid. Mantivo amizade cos membros da Xeración Nós e foi mestre de Arturo Baltar. Faleceu en Ourense en 1979.

Fonda pegada ourensá

xornalescolar_2501_failde_03

O legado de Antonio Faílde está moi presente na vida ourensa. Son múltiples as obras escultóricas da súa autoría que poden atoparse en diferentes lugares, coma o Parque Miño, ademais de en Pontedeume ou Vigo. Froito desta pegada, co seu nome bautizouse unha rúa da zona do Portovello, que transcorre próxima ó colexio Manuel Sueiro da cidade. E tamén lle rende homenaxe un colexio. En concreto, o CEIP Antonio Faílde de Coles, que lle rende homenaxe a un dos grandes artistas escultóricos da provincia.

Artes e oficios

xornalescolar_2501_failde_02

Ademais do colexio de Educación Infantil e Primaria de Coles, Antonio Faílde preside tamén o cartel da Escola de Artes e Superior de Deseño, situado no entorno da Universidade Laboral. Alí é onde se forman as novas xeracións de artistas na cidade. Actualmente, oferta os estudos superiores de Deseño Gráfico e Deseño de Interiores, ademais dos ciclos  superiores de Fotografía, Ilustración e Ebanistería Artística (na imaxe). É un dos grandes centros creativos de Ourense, co obxectivo de crear un espazo de aprendizaxe cultural e artístico.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?