photocall

Apicultores por un día

IMG_20180515_102227_result
photo_camera David amosoulle aos escolares todos os materiais que se empregan en apicultura.

Dende hai xa unhas semanas, os nenos e nenas de Infantil do CEIP Castrelo do Val están levando a cabo un proxecto de investigación sobre as abellas

Dende hai xa unhas semanas, os nenos e nenas de Infantil (3, 4 e 5 anos) do CEIP Castrelo do Val están levando a cabo un proxecto de investigación sobre as abellas. Durante este tempo aprenderon a diferenciar os tipos de abellas que hai nunha colmea, a súa alimentación, como se organizan para traballar, que producen, as fases do seu ciclo vital e moitas aspectos interesantes da súa vida.

Para complementar estas aprendizaxes, David de "Abella Obreira" visitou o centro de ensino para explicarlle aos escolares e mestres que se sumaron a esta actividade didáctica, como é o traballo diario dun apicultor. Para elo o convidado acudiu con boa parte do material que utiliza nesta actividade para que os nenos puideran velo e manipulalo.

Despois de moitos días de aprendizaxe, os pequenos puideron ver en vivo un panal e buscar nel a abella raíña, os zánganos, as obreiras, as larvas, o mel e o traballo que realiza cada unha dentro da colmea.

Ademais e para rematar a xornada adicada á apicultura, degustaron: polen, mel, mousse de mel...Por estar moi atentos e participativos David obsequióunos cuns xabóns feitos con mel. Foi unha experiencia fantástica.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar