Xornal Escolar

Aqualoxía no Luis Vives

Xornal Escolar

PHOTOCALL

Aqualoxía no Luis Vives

Marcelo, Carina, David, Laura, Laura, Juan, Alicia, Lara, Maite, Irene, Vera, Carla, Tito e Sofía.
photo_cameraMarcelo, Carina, David, Laura, Laura, Juan, Alicia, Lara, Maite, Irene, Vera, Carla, Tito e Sofía.

Este programa, que se desenvolverá ata o vindeiro mes de abril chegará a un total de 250 escolares

Co mes de marzo arrancou tamén a terceira edición do programa educativo Aqualoxía que cada ano e dende hai xa tres pon en marcha Viaqua, en colaboración co Concello de Ourense, a través da Concellería de Educación. Este programa, que se desenvolverá ata o vindeiro mes de abril chegará a un total de 250 escolares de centros educativos de toda a cidade de As Burgas.

Hai uns días Aqualoxía chegou ao colexio Luis Vives para concienciar aos escolares da importancia do medio ambiente e da auga. O obradoiro impartiuno un grupo de monitores especializados que se encargaron de achegar aos estudantes o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga. Para elo empregaron material audiovisual e realizaron experimentos prácticos e xogos. Este programa didáctico resultou ser moi positivo xa que ademais trata de potenciar a participación e interacción dos alumnos mediante o uso das novas tecnoloxías.

O programa Aqualoxía seguirá visitando os centros de ensino de Ourense ata o día 15 abril, día no que se clausurará esta interesante actividade no CEIP Manuel Acuña.