XORNAL ESCOLAR

Os Axóuxeres: un espazo de lecer en galego

Axouxeres2_result
photo_camera Un espectáculo teatral para promover o uso do galego entre os mais pequenos.

Programa de dinamización lingüística que promove o uso do galego e a súa transmisión interxeracional nas familias con bebés

'Os Axóuxeres’ é unha proposta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística que chega á súa sétima edición ofrecéndolles ás familias con cativos de 0 a 6 anos espazos de lecer en galego e tamén materiais para continuar xogando e cantando ao remate do espectáculo.

Despois de percorrer todas as provincias galegas a xira está de novo en Ourense con actuacións en Xinzo de Limia e Carballiño os próximos 12 de outubro e 6 de novembro respectivamente. A entrada é de balde con reserva previa de luns a venres, en horario de 10.00 a 13.00 horas, no teléfono: 697-363.089. O disco ‘Os Axóuxeres’, co que se agasallará a todas as familias participantes pódense descargar de balde en http://ir.gl/1febfb.

É un espectáculo de dinamización lingüística, unha aventura teatral, musical e lúdica na que a xente miúda se mergullará na profundidade do mar para sentir de preto valores como a ecoloxía ou a amizade. Unha experiencia sensorial e lingüística coa que aprender e levar para a casa divertidas cancións, adiviñas e xogos. ‘Os Axóuxeres’ é a festa da música, dos xogos e das palabras. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma