Xornal Escolar

"Azucre si pero…con sentidiño", no Colexio Luis Vives

Xornal Escolar

XORNAL ESCOLAR

"Azucre si pero…con sentidiño", no Colexio Luis Vives

No Centro de ensino ourensán celebraron o Día Internacional da Diabetes cun seguimento nos hábitos alimentarios

O Colexio Luis Vives da cidade de Ourense celebrarou o Día Internacional da Diabetes baixo o lema “Azucre si pero… con sentidiño”. Arume, unha empresa de restauración colectiva con ADN 100% galego, e Anedia, Asociación de Nenos e Nenas con Diabetes de Galicia, queren visibilizar os procedementos que diariamente pasan os diferentes pratos do menú escolar que fan posible  que todos os rapaces, ata os que padecen diabetes, poidan comer o mesmo.

Coa presenza de persoal de Arume e Anedia, amosouse a todo o colexio os procesos que se seguen a diario no comedor, procesos como o peso dos alimentos para a súa elaboración ou o posterior seguimento dos monitores da comida dos rapaces con diabetes.
Aínda que en Galicia non hai datos catalogados, na actualidade en España calcúlase que se diagnostican cada ano 1.000 novos casos de diabetes infantil. Neste sentido, o 14% de nenos españois padecen esta enfermidade.

Esta xornada “Azucre si pero…con sentidiño” de Arume e Anedia pretende sensibilizar a maiores e pequenos sobre a diabetes co obxectivo de amosar a importancia de manter unha alimentación saudable para prevela e, sobre todo, combatela.