XORNAL ESCOLAR

Bacharelato americano

Ourense. 29-02-2016. Reportaje Xornal Escolar, Salesianos. Paz
photo_camera Fachada de Salesianos.

os alumnos de salesianos poderán terminar os seus estudos no centro coa dobre titulación de bacharelato español e americano

O CPR María Auxiliadora "Salesianos" é o único centro de Ourense que ofrece esta posibilidade e uno dos poucos de Galicia. Este bacharelato consiste en que os alumnos/as poderán terminar os estudos no centro coa dobre titulación de bacharelato español (europeo) e americano.

É un proxecto que parte da iniciativa Salesiana, en colaboración coa LK American High School. A través dunha plataforma académica por internet, o estudante cursa varias asignaturas americanas, a vez que cursa 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato. En tres anos faise levadeiro pero require dun bo nivel de inglés para seguir estes estudos con garantía de éxito. É un programa de referencia internacional, gracias ao recoñecemento que estos estudos teñen no exterior. Esta modalidade resulta un auténtico trampolín para desenvolver estudos no estranxeiro. É un referente no expediente e no currículum do estudante.

Ademais desta novidade, é importante sinalar os servizos que ofrecen á comunidade educativa: gardería para os máis madrugadores, desde dúas horas antes do comenzo da xornada escolar, comedor con cociña propia, utilízana diariamente 250 estudantes, plataforma de comunicación virtual, que posibilita unha fluida comunicación familias-alumnos-centro, é unha ferramenta moi útil, cada día máis valorada pola comunidade educativa. Os fins de semana, pontes e vacacións, a través de Amencer, o centro educativo presta un servizo importante ás familias para que poidan compatibilizar o seu traballo, atendendo aos nenos/as con actividades educativas, excursións, campamentos, etc.

O profesorado do centro educativo fai un gran esforzo para actualizar metodoloxías educativas e implantar novos proxectos. Destacar unha serie de proxectos innovadores que caracterizan este centro educativo do centro de Ourense. Un dos máis avanzados é o proxecto medioambiental, con actuacións no exterior (carreiro periurbano, plantacións, actuación contra especies invasoras, estancias na serra do Invernadoiro) e no interior (charlas, museo de ciencias, horto escolar…).

Tamén mencionar o programa de mediación escolar, que está dando moi bos resultados en canto á convivencia. Máis de 30 estudantes voluntarios recibiron formación neste campo.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma