XORNAL ESCOLAR DE TELEMIÑO

A biblioteca, un espazo para o lecer

Giovanni, Quique, Anaís, Arón, Ngone, Luis e Javier son esta semana os encargados de ler La Región e comentar as novas que máis lles chaman a atención.
photo_camera Giovanni, Quique, Anaís, Arón, Ngone, Luis e Javier son esta semana os encargados de ler La Región e comentar as novas que máis lles chaman a atención.

El programa incluirá unha nova entrega do xogo educativo de Viaqua "Sabías que?", no que se falará da análise da auga

O Xornal Escolar de Telemiño presenta esta semana un completo programa que xirará en torno ás bibliotecas municipais. Conchi Pérez e o seu equipo desprazáronse á instalación municipal de A Ponte para compartir cos nenos e persoal responsable das instalacións unha tarde de actividades. Coñeceremos así neste programa todas as propostas que se realizan durante todo o ano nas bibliotecas, un espazo que cada día lles gusta máis aos escolares.


LATRICAR


Un grupo de nenos e nenas que fan habitualmente uso das bibliotecas municipais falan para Telemiño sobre que é para eles unha biblioteca, o que máis lles gusta destes espazos y as actividades que prefiren compartir cando acoden ás instalacións.


PRENSA


Nenos e nenas de Amencer comparten as novas de La Región, destacan aquelas noticias que máis lles chaman a atención e as que consideran máis relevantes e actuais.


AUGAESCOLA


A sección que cada semana trae Viaqua volve a presentar unha nova entrega do xogo educativo "Sabías que?" onde os cativos e cativas responden a unha serie de cuestións relacionadas coa augua e o seu ciclo. Esta semana falarán das analíticas.


ESCOLA DE FAMILIAS


A persoa convidada esta semana na sección Escola de Familias é Isabel Rodrígues, coordinadora das Bibliotecas Municipais de Ourense. Isabel dará conta de todas as actividades educativas que organizan nas tres instalacións que se reparten en A Ponte, A Carballeira e San Francisco. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma