ACTIVIDADE

Cada gota importa

photo_camera Os estudantes de 5ºA, de educación primaria, mostran os debuxos realizados para o concurso.

Os estudantes do CEIP O Couto realizaron, coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil, unha ampla variedade de actividades de concienciación do gran valor da auga

Todos podemos axudar a coidar a auga. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o CEIP 0 Couto pretenden potenciar e favorecer o bo uso dos recursos fluviais desde o colexio, aproveitar a auga e axudarlles a descubrir que a aportación de cada uno de eles conta, e moito, e que só sendo conscientes podemos conseguir que os nosos ríos se conserven en bo estado e construír, entre todos, un mundo no que a auga sexa un ben común.

Os estudantes organizaronse por grupos e realizaban as seguintes actividades: comezaban na Aula da Natureza: cunha explicación, formativa e informativa, da importancia da auga, cada gota de auga é vida. Coa Confederación Hidrográfica Miño- Sil realizaron unha ampla variedade de dinámicas moi lúdicas: visitaron a estación de Control SAIH(Sistema automático de información hidrolóxico), realizaron unha analítica da auga no Rio Miño, dando resultados dunha excelente auga de calidade, coñeceron a fauna do río Lonia e participaron no concurso de debuxo "Olladas cara o Miño". 

Os estudantes do Ceip O Couto son os convidados, esta semana, ao programa Xornal Escolar de Telemiño. Unha representación de alumnos, de todos os cursos de Educación Primaria, estará o sábado neste fabuloso espazo educativo para defender o coidado da auga, mostrarnos todas as actividades e reportaxes realizadas e tamén exporán pautas de comportamento para coidar a auga dos nosos ríos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar