WhatsApp ao director

O cambio climático, tema central de Galiciencia 2018

O evento terá lugar nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas.

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2018 dende este pasado luns e ata o próximo 28 de febreiro.

Logo de doce anos celebrándose no outono, o evento terá lugar a partir de agora na primavera, seguindo a tendencia deste tipo de certames e para unha mellor adaptación ao calendario escolar. A seguinte cita da maior feira científica de Galicia está fixada para os días 9, 10 e 11 de maio, co cambio climático como temática central.

Coa apertura da recepción de proxectos iníciase o proceso de selección dos 80 proxectos cos que celebrará a súa décimo terceira edición. Aos 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame, sumaranse fóra de concurso 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial.

Este ano, como novidade, habilítase unha categoría específica nos premios do certame para os proxectos sobre a súa temática central, nesta edición o cambio climático.

O evento terá lugar nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas. A súa celebración é posible un ano máis grazas ao apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria –a través da Axencia Galega de Innovación (Gain)– e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

As bases están xa dispoñibles en www.galiciencia.com, coa posibilidade de que calquera centro escolar envíe as súas propostas. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?